Obxectivos

Filosofía e obxectivos:

O grupo de traballo Xeo-Din xurde entre socios de AGAPEMA, como un sentimento da necesidade de poñer en común as nosas inquedanzas e os nosos coñecementos sobre a educación, a formación matemática dos estudantes galegos (porque son os que temos máis perto), sobre a xeometría e sobre o software de xeometría dinámica.

Se queremos facer unha relación dos obxectivos que nos propuxemos nun principio, poderían ser os seguintes:

  • aprender sobre os programas de xeometría dinámica,

  • discutir sobre o que se pode facer e o que non se pode, con estes programas, en Educación Primaria e Secundaria,

  • deseñar actividades para a aula,

  • facilitar recursos didácticos para a súa utilización directa na aula,...

Reunímonos quincenalmente dende o mes de novembro do 2005, e nos centramos nos niveles da E.S.O. e do Bacharelato, por ser onde dous dos compoñentes do grupo traballan.

Esta web quere ser unha maneira de que o traballo que levamos desenvolvido poda ser aproveitado e comentado (e criticado) pola comunidade de docentes, para desa maneira poder todos aprender máis e colaborar na educación da xuventude galega.

Como grupo de traballo, estamos abertos ás colaboracións que desexedes aportar.